Dosinia
Dosinia | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Dosinia exoleta | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Dosinia é un xénero de moluscos bivalvos heterodontes da orde dos veneroides e familia dos venéridos, que inclúe numerosas especies de ameixas.
As cunchas das especies do xénero Dosinia son simétricas e teñen forma de disco e sonm xeralmente de cor branca ou abrancazada,[2] semellantes as das especies da familiua dos lucínidos.[3]
As especies de Dosinia viven enterradas en fondos areosos na rexión infralitoral.[2][4]
Especies
[editar | editar a fonte]O Sistema Integrado de Información Taxonómica (SIIT) só considera (2013) catro especies válidas:[5]
- Dosinia discus (Reeve, 1850)
- Dosinia elegans (Conrad, 1843)
- Dosinia exoleta Linnaeus, 1758)
- Dosinia lupinus (Linnaeus, 1758)
Porén, o World Register of Marine Species (WoRMS) recoñece case cen.[6]
En Galicia
[editar | editar a fonte]Nas augas galegas téñense citado dúas especies do xénero:[2][4][7]
- Dosinia exoleta, a máis abundante, e comestíbel, e
- Dosinia lupinus
que son coñecidas popularmente polos nomes de reló, reloxiño, moelo, arola, ameixa de can, entre outros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Dosinia Scopoli, 1777 no WoRMS (consultado o 4-12-2013).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Rolán e Schmitt (1996), p. 253.
- ↑ Barrett, John; C. M. Yonge (1958). Collins Pocket Guide to the Sea Shore. London: Collins. p. 158.
- ↑ 4,0 4,1 Ramonell, R. (1985), pp. 120-121.
- ↑ Dosinia Scopoli, 1777 no SIIT.
- ↑ Ver lista completa das especies no WoRMS.
- ↑ Ríos Panise, M. C. (1977), pp. 124-125.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dosinia |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Dosinia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hubler, M. (2010): Compendium of bivalves. A full-color guide to 3,300 of the World’s Marine Bivalves. A status on Bivalvia after 250 years of research. Hackenheim, Germany: ConchBooks. ISBN 978-3-939767-28-2.
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-7154-506-3.
- Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
- Rolán, R. e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Marine Life Informations Arquivado 13 de outubro de 2013 en Archive.is (en inglés).
- Dosinia en ADW (en inglés).