[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Campo Municipal de Fútbol Rodrigo García Vizoso

Campo Municipal de Fútbol Rodrigo García Vizoso
Datos
Coordenadas43°21′06″N 8°25′23″O / 43.351694444444, -8.4230277777778
LocalizaciónRúa Galileo Galilei s/n baixo 15008 A Coruña, Galicia
Estadio
SuperficieHerba artificial
Dimensións100 x 60
Capacidade1000
PropietarioConcello da Coruña
LocalíaDeportivo B (até 2003)

Montañeros CF (até 2009)

Silva SD
editar datos en Wikidata ]

O Campo Municipal de Fútbol Rodrigo García Vizoso é un estadio de fútbol propiedade do Concello da Coruña, situado no Polígono A Grela - Bens. Inaugurado orixinalmente como Campo Municipal de Fútbol A Grela I, o Concello decidiu mudar o nome para homenaxear o exfutbolista coruñés Rodrigo García Vizoso.

O seu terreo de xogo é de céspede artificial desde comezos do ano 2015, cando foi substituída a herba natural da que dispoñía até entón. As súas dimensións son de 100×60 metros e posúe unha bancada cuberta con capacidade para 1.000 persoas e tres vestiarios.

Neste campo adestraba o Real Club Deportivo da Coruña na década de 1990 ademais de na Cidade Deportiva da Torre, tamén de titularidade municipal, mais para o ano 2000 o club conseguiu o uso do anovado campo de fútbol de Acea de Ama, xestionado pola Xunta de Galicia e que dipoñía de dimensións máis axeitadas para o adestramento dun equipo de fútbol profesional de primeira categoría[1]. Porén, seguiría a ser empregado puntulamente algúns anos máis como campo de adestramento para equipos de fútbol profesional que visitaban Riazor para se enfrontar ao RC Deportivo mentres este non tivo rematadas as obras da Cidade Deportiva de Abegondo[2].

Posteriormente exerceu como local até o ano 2009[3] o Montañeros Club de Fútbol que chegou acadar a Segunda División B a comezos do século XXI. En xaneiro de 2015 inaugurouse a anovado terreo de xogo cun partido entre un combinado da Asociación de Fútbol Aficionado da Coruña e os veteranos do RC Deportivo, este encontro serviu asemade como homenaxe ao exdeportivista José Manuel Sertucha, finado o ano anterior[4]. Durante a tempada 2015-2016 da Terceira División española de fútbol está a exercer os seus partidos como anfitrión a Silva Sociedad Deportiva, que tamén ten instalada nos seus baixos a súa sede[5].

  1. Xosé Manuel Pereiro. El País (9 de agosto de 2000). "El Deportivo financia con publicidad campos de entrenamiento". Consultado o 29-03-2016. 
  2. "El Alavés entrenará el sábado en A Grela". canaldeportivo.com. Arquivado dende o orixinal o 18-10-2019. Consultado o 29-03-2016. 
  3. "Montañeros". lafutbolteca.com. Consultado o 29-03-2016. 
  4. "AFAC y los Veteranos del RC Deportivo homenajean a Sertucha con un partido en la inauguración del campo de A Grela 1". clubsilva.com. Consultado o 29-03-2016. 
  5. "Club Silva SD. Contacto". clubsilva.com. Consultado o 29-03-2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Ficha oficial do campo na web do Concello da Coruña.