[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Cidade Deportiva de Riazor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista da cidade deportiva.
Pazo dos Deportes.

A Cidade Deportiva de Riazor son un conxunto de instalacións propiedade do Concello da Coruña nas proximidades da praia de Riazor destinadas principalmente á práctica do deporte, aínda que tamén se teñen celebrado nela outros eventos como concertos ou actos políticos. Foron orixinalmente proxectadas por Santiago Rey Pedreira a partir de 1939 e sucesivamente inauguradas a partir de 1944, cando se estrea o "Stadium Municipal" en torno ao cal vai xirar todo o complexo[1].

Ao longo do tempo a Cidade Deportiva foi sufrindo variacións na súa composición, como a desaparición dos campos de adestramento para erguer o Palacio dos Deportes, a segregación do Frontón do Estadio, ou a eliminación das pistas de atletismo do estadio a finais da década de 1990.

Asemade, houbo outros proxectos de ampliación ou modificación como os do "Palacio dos Deportes e Ximnasio de Riazor" e "Construción do Frontón Municipal" de Antonio Tenreiro, ou o de "Construción de cuberta e peche das pistas de patinaxe e tenis" de Rodolfo Ucha, durante o franquismo, que non chegaron ser realizados[1]. Como tampouco chegaría ver a luz -xa no século XXI- o proxecto de Peter Eisenman[2], que implicaba o derrubamento de todo o construído para erguer un complexo completamente novo, nin o promovido conxuntamente polo Concello e o Real Club Deportivo da Coruña[3] como parte da candidatura Ibérica do Mundial de fútbol 2018/2022.

  1. 1,0 1,1 "LA IDENTIDAD DEL LUGAR: LA MANZANA DEL DEPORTE EN RIAZOR". Universitat Politècnica de Catalunya. Arquivado dende o orixinal o 04-03-2016. Consultado o 04-03-2016. 
  2. "Nuevo Estadio: El Guggenheim coruñés". canaldeportivo.com. Arquivado dende o orixinal o 30-09-2013. Consultado o 04-03-2016. 
  3. C. Miranda (Diario As). "Un Riazor faraónico va al asalto del Mundial". Consultado o 04-03-2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]