[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Jordi Bargalló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Jordi Bargalló i Poch»)
Modelo:BiografíaJordi Bargalló

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de decembro de 1979 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Sant Sadurní d'Anoia, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1997–2002 Club Esportiu Noia
2002–2006 Hockey Club Liceo da Coruña
2006–2008 Igualada HC
2008–2016 Hockey Club Liceo da Coruña
2016–2021 UD Oliveirense
2021– Club Esportiu Noia
Familia
IrmánsPau Bargalló Editar o valor en Wikidata

Jordi Bargalló i Poch, nado en Sant Sadurní d'Anoia o 5 de decembro de 1979, é un xogador de hóckey a patíns catalán, que ocupa a demarcación de medio e que actualmente xoga no Club Esportiu Noia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Debutou no club da súa cidade natal, o Noia Freixenet en 1997, e permaneceu no club 5 tempadas, gañando unha Copa do Rei e unha Copa CERS. Na tempada 2002/03 asinou por primeira vez co Liceo da Coruña, no que xogou durante os seguintes catro anos. Na súa primeira etapa no club galego conquistou unha Copa de Europa, unha Copa Continental, unha Copa Intercontinental e unha Copa do Rei.

Na tempada 2006/2007 pasou a formar parte do Igualada HC, retornando dúas campañas máis tarde ao Liceo. No seu segundo paso pola Coruña agrandou o seu palmarés con dúas novas Copas de Europa, dúas Copas Cers, unha Copa Intercontinental e unha Continental, así como co seu primeiro e único título da OK Liga. Ademais, na tempada 2012/13 foi elixido mellor xogador da liga.[1] Convertido en capitán e nunha das máximas figuras da historia do Liceo, deixou o club en 2016 como o seu segundo máximo goleador histórico con 551 goles, só por detrás dos 661 de Martinazzo.[2]

Ao final da tempada acabou por fichar polo Oliveirense, co que conquistou outra Copa Continental e unha Copa de Portugal. En 2021 regresou ao Noia.

Foi internacional pola selección española, formando parte do equipo campión de catro Campionatos do Mundo (2005, 2007, 2009 e 2011) e outros catro Campionatos de Europa (2006, 2008, 2010 e 2012).

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Noia
Liceo
Oliveirense
Selección catalá
Selección española
  1. "Jordi Bargalló (Liceo), triat com a millor jugador de la temporada a l'OK Lliga" (en catalán). 11 de xuño de 2013. Consultado o 25 de outubro de 2024. 
  2. Zaballa, Pablo (24 de outubro de 2024). "Martinazzo y otras leyendas del Clásico". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]