Oreo
Oreo (/ˈɔːrioʊ/ pronunciado en inglés) é unha marca de galletas tipo sándwich creada pola compañía estadounidense Nabisco, unha división de Mondelēz International Inc. e Kraft Foods, caracterizada por estar constituída por dúas galletas circulares unidas por un doce cremoso no centro. As oreos orixinais eran de galleta de chocolate negro forte e crema de vainilla, aínda que na actualidade existen multitude de variedades, mantendo o estilo básico de deseño e preparación.
De acordo con Kraft Foods Company, considérase como unha das galletas máis vendidas nos Estados Unidos e distintas partes do mundo.[1][2] En marzo de 2012, a revista Time informou que Oreos estaban dispoñibles en máis de 100 países diferentes, onde os Estados Unidos, a China, Venezuela, o Canadá e Indonesia completan os 5 primeiros países en termos de vendas.[3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Descoñécese a orixe do nome de Oreo, pero existen moitas teorías, incluíndo as derivacións da palabra francesa 'Or', isto é, ouro, ou a palabra grega 'Oreo', que significa fermoso, agradable ou ben feito.[4] Outra teoría é que a galleta foi chamada Oreo porque era curto e doado de pronunciar.[5]
Historia
[editar | editar a fonte]A "Oreo Biscuit" foi creada en Chelsea, Manhattan, Nova York no ano 1912 pola National Biscuit Company (hoxe coñecida como Nabisco), e introducida no mercado o mesmo ano.[6][7] Na actualidade, este mesmo bloque da Avenida onde se creou coñécese como "Oreo Way".[8] A primeira Oreo vendeuse o 6 de marzo de 1912 a un tendeiro en Hoboken, Nova Jersey.[3] O nome Oreo rexistrouse por primeira vez o 14 de marzo de 1912.[9]
Lanzouse como unha imitación da galleta da competencia, Hydrox, que fora introducida en 1908, e producida por Sunshine company, que despois de rexistrar perdas de mercado ante Oreo, foi retirada en 1996. O deseño orixinal da galleta contou cunha coroa de flores arredor do bordo da galleta e o nome "OREO" no centro.[10]
A Oreo Biscuit foi rebautizada en 1921 como "Oreo Sandwich". Introduciuse un novo deseño en 1924.[10] En 1948, o sándwich de Oreo foi rebautizado como "Oreo Creme Sandwich"; que foi cambiado en 1974 a "Oreo Chocolate Sandwich Cookie". O actual deseño de Oreo desenvolveuse en 1952 por William A. Turnier, para incluír o logotipo de Nabisco.[11]
No caso do recheo da galleta Oreo, este foi desenvolvido polo director científico de alimentos de Nabisco, Sam Porcello.[8] Porcello celebrou cinco patentes directamente relacionadas co seu traballo nas Oreo. Tamén creou unha liña de galletas Oreo cubertas de chocolate negro e chocolate branco.[12] Porcello retirouse de Nabisco en 1993.
A comezos de 1990, os problemas de saúde impulsaron a Nabisco para substituír a manteiga no recheo con aceite vexetal parcialmente hidroxenado.[13] A partir de xaneiro de 2006, as galletas Oreo substituíron a graxa trans na galleta con aceite vexetal non hidroxenado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Top 10 Food Brands of 2005". Food Processing (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2011. Consultado o 26 de decembro de 2015.
- ↑ "Oreo, Hoja Global de Datos" (PDF). kraftfoodscompany.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de outubro de 2013. Consultado o 26 de decembro de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 Grossman, Samantha. "100 Years of Oreos: 9 Things You Didn’t Know About the Iconic Cookie". Time. ISSN 0040-781X. Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ Feldman, David (1987). Why do clocks run clockwise? and other Imponderables. Nova York: Harper & Row Publishers. pp. 173–174. ISBN 0-06-095463-9. (en inglés)
- ↑ "History of the Oreo Cookie". About. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2016. Consultado o 13 de outubro de 2014. (en inglés)
- ↑ "Oreo". kraftfoodscompany.com. 26 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2012. Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ "The Food Timeline: history notes--cookies, crackers & biscuits". foodtimeline.org (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ 8,0 8,1 "Celebrating the life of 'Mr. Oreo'". New York Daily News (en inglés). 13 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2012. Consultado o 26 de decembro de 2015.
- ↑ "OREO Trademark of NATIONAL BISCUIT COMPANY". trademarks.justia.com (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2015.
- ↑ 10,0 10,1 Eber, Hailey (26 de febreiro de 2012). "The Big O" (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ "The story of William A. Turnier, the man who designed the Oreo cookie". Indy Week (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2014. Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ Locker, Melissa. "RIP, ‘Mr.Oreo’: Man Who Invented Oreo Filling Dies At 76". Time. ISSN 0040-781X. Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ "For every fad, another cookie". chicagotribune.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 26 de setembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oreo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial da Nabisco sobre as galletas Oreo Arquivado 14 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)