Nowaki
Nowaki | |
---|---|
Título orixinal | 野分 |
Autor/a | Natsume Sōseki |
Orixe | Xapón |
Lingua | lingua xaponesa |
Data de pub. | 1907 |
Precedido por | Nihyakutōka (1906) |
Seguido por | Gubijinsō (1907) |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nowaki (xaponés: 野分; en galego, "Tifón de comezos do outono") é unha novela curta de Natsume Sōseki. Foi publicada en xaneiro de 1907 pola revista literaria Hototogisu.
Título
[editar | editar a fonte]A palabra nowaki, que se pode traducir como "vento de outono",[1] refírese aos tifóns propios desta estación do ano. Porén, o termo alude tamén ao capítulo 28 do célebre Genji monogatari,[1] unha das obras narrativas máis importantes do Xapón. Neste sentido, o título da novela de Sōseki mestura o real co literario.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Nowaki conta a historia de tres escritores. Dous deles, Takayanagi (doente de tuberculose) e o dandi Nakano, foron amigos nos seus anos de estudantes e, recentemente graduados da universidade, intentan atopar o seu lugar no mundo. O terceiro e máis vello, Dōya-sensei, foi mestre nunha escola de provincias, até que foi obrigado a dimitir polos habitantes e estudantes da localidade, anoxados pola súa actitude irrespectuosa cara a autoridade. Xa en Tokyo, intenta gañar o pan como editor e escritor, pero apenas consegue ingresos, para consternación da súa esposa. Dōya-sensei intenta rematar e publicar o seu traballo principal, Ensaio sobre o carácter. Por pura coincidencia, estes tres personaxes teñen en común a suma de cen iens (o equivalente dun mes de salario na época).[2]
Recepción
[editar | editar a fonte]A nivel temático, Nowaki está relacionada con Nihyakutōka (1906) e con Gubijinsō (1907), a melodramática traxedia dunha rapaza incapaz de medrar nun mundo de homes. Nowaki e Gubijinsō son as obras máis moralistas e didácticas de Sōseki, malia que foron ben recibidas pola crítica e o público. Tamén está relacionada con Seinen (1910), de Mori Ōgai, na que Sōseki aparece representado polo personaxe de Hirata Fuseki, quen sermonea sobre a literatura e a vida intelectual.[3]
Traducións
[editar | editar a fonte]En castelán
[editar | editar a fonte]- Nowaki (2024). Tradución de Fernando Cordobés e Yoko Ogihara. Satori Ediciones. ISBN 978-84-19035-70-7.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Pazó Espinosa 2024.
- ↑ Keene 1984, pp. 318-319.
- ↑ Mori 1994, p. 373.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Keene, Donald (1984). Dawn to the West: Japanese Literature in the Modern Era (en inglés). Henry and Holt.
- Mori, Ōgai (1994). Youth and Other Stories (en inglés). University of Hawai'i Press. ISBN 9780824816001.
- Pazó Espinosa, José (2024). "Natsume Sōseki: Nowaki". El Imparcial (en castelán).