Nihyakutōka
Nihyakutōka | |
---|---|
Título orixinal | 二百十日 |
Autor/a | Natsume Sōseki |
Lingua | lingua xaponesa |
Data de pub. | 1906 |
Precedido por | Kusamakura (1906) |
Seguido por | Nowaki (1907) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nihyakutōka (xaponés: 二百十日; en galego, "o día 210") é unha novela curta de Natsume Sōseki. Foi publicada en outubro de 1906 na revista literaria Chūōkōron.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A novela comeza e remata cunha conversa entre dous mozos, Kei e Roku, que están a escalar o monte Aso.[1] A historia trata temas triviais, como o encontro cunha muller nunha pousada que descoñece a cervexa ou os ovos cocidos, ou cun ferreiro no camiño. Kei opina sobre a nobreza e mais os ricos, con referencias á obra A Tale of Two Cities (1859), de Charles Dickens.
Tras percorrer varias zonas do Aso, os dous intentan a subida até o cumio, pero pérdense durante unha tormenta no día 210 (aproximadamente o 1 de setembro, coñecido como "o día das tormentas" no Xapón). Tras regresar á estación sen conseguir o seu obxectivo, prometen derrotar á nobreza e aos ricos, e algún día desafiar de novo ao monte Aso.
Traducións
[editar | editar a fonte]En inglés
[editar | editar a fonte]- The 210th Day (2011). Tradución de Sammy I. Tsunematsu. Tuttle Publishing ISBN 9781462902095
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tony (2013-01-17). "‘The 210th Day’ by Natsume Soseki (Review)". Tony's Reading List (en inglés). Consultado o 2024-10-15.