Rancho de Reis
Rancho de Reis | |
---|---|
Rancho de Reis de Guláns (ca. 1920) | |
Orixe cultural | Galiza |
Zona de conservación | Comarca do Condado Comarca de Vigo |
Un rancho de reis é unha agrupacións musical formada, durante as festas de reis, por cantadores, danzantes e músicos, para percorrer a veciñanza pedindo o aguinaldo[1].
Características
[editar | editar a fonte]A tradición dos ranchos de reis, antigamente máis estendida, consérvase hoxe unicamente en sete lugares[2] das comarcas do Condado e Vigo: Riofrío[3], Guláns[4], Fozara[5], As Cortellas[6], Fornelos[7], Lourido[8] e Salceda de Caselas[9].
Estes grupos festeiros xúntanse os días cinco e seis de xaneiro para solicitar o aguinaldo polas casas cos seus cantos[10] e bailes. Habitualmente era un gaiteiro, xunto a tambor e bombo, o encargado de subministrar a música, porén, tamén os cantadores se valían dos denominados instrumentos humildes, é dicir, calquera dos utensilios propios do fogar ou do traballo.[11]
A diferenza doutras formacións similares, como os bandos, que só cantan, ou as rondallas, que só tocan, os ranchos incorporan danzas de reis[12] ao seu repertorio. Nestas danzas, encadradas entre as chamadas danzas brancas, empréganse arcos, castañolas, paus e fitas e os danzantes van adornados con sombreiros, xoias, colares, plumas, teas de cores, e outra indumentaria rechamante. Nalgúns lugares as danzas dos ranchos acompañan tamén as procesións relixiosas do día de reis.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Camafeita, Olga (2010). "Aguinaldo". Dicionario da música popular en Galicia (PDF). Rinoceronte editora.
- ↑ "Siete ranchos de Reis supervivientes". Faro de Vigo (en castelán). 2020-01-04. Consultado o 2021-11-17.
- ↑ Alalá (TVG) (2009). Rancho de Reis de Riofrío.
- ↑ Rancho Reis Guláns (Youtube). 2013.
- ↑ Concello de Ponteareas (2020). Rancho Fozara Ponteareas (Youtube).
- ↑ Arquivos Tradicionais (2018). Rancho de Reis de Cortellas de Padróns (Luar - TVG) (Youtube).
- ↑ Danza de reis (Youtube). 2011.
- ↑ Danzas de Reis de Lourido (Youtube). 2014.
- ↑ Luar (TVG) (2013). Rancho de Reis de Santa María de Salceda de Caselas na TVG (Youtube).
- ↑ Camafeita, Olga (2010). "Cantar de reis". Dicionario da música popular en Galicia (PDF). Rinoceronte editora.
- ↑ "Cantos de Nadal, Aninovo e Reis". Blog ACF O Fiadeiro. 2016-12-01. Consultado o 2021-11-23.
- ↑ Camafeita, Olga (2010). "Danzas de reis". Dicionario da música popular en Galicia (PDF). Rinoceronte editora.
- ↑ Gómez Macias, Ignacio Portela (2018). "A nosa música. Achegándonos á tradición. O Nadal". Eduga: revista galega do ensino (76).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O Nadal e a música tradicional galega - musicatrazo (2017) - Youtube.