[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Tempada 2009-10 do HC Liceo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 2009-2010 foi a 31ª tempada do H.C. Liceo na OK Liga de xeito consecutivo e dende a súa fundación en 1972. Esta tempada será lembrada por tódolos seareiros verdibrancos polo reencontro do club cos títulos, logo de conseguir a súa 3ª Copa CERS.

Adestrador: Carlos Gil
Axudante do adestrador: Ramón Canalda
Preparador físico: Óscar Viana González

Clasificacións

[editar | editar a fonte]
  • Campión do VIII Torneio José Eduardo dos Santos en Luanda (Angola).
  • Campión da II Copa Galiza fronte ao CP Cerceda e o Vigo Stick.
  • Eliminado nas semifinais da Copa do Rei polo C.P. Vilanova por 3-4, nun partido que gañaba a falta de dous minutos para o final, cando o Vilanova anotou dous goles que lle darían o pase á final fronte ao CP Vic e deixarían novamente aos liceístas ás portas dunha final de Copa e rematando coas esperanzas de alzar a 10ª Copa do Rei do club galego.
  • Campión da Copa CERS 2010 gañando na final por 7-2 ao Blanes HC en Torres Novas (Portugal) logo de superar a un ultradefensivo Igualada HC por 2 goles a 1 na primeira semifinal da Final a Catro disputada na localidade lusa. O Liceo perdeu un único partido fronte ao UD Oliveirense na súa visita a Oliveira de Azeméis (Portugal) por 4-3 no partido de ida dos cuartos de final, remontando logo o marcador na Coruña cun 5-1.
  • Subcampión da OK Liga por detrás do FC Barcelona con 72 puntos (4 menos que os azulgranas), logo de encabezar a clasificación durante boa parte dunha tempada na que ademais tan só cederon tres puntos na casa. A liga decidiuse no Pazo dos Deportes de Riazor cando na xornada 28 o Barcelona, que chegaba cun punto de vantaxe sobre os coruñeses, venceu por un 0-5 que non fixo xustiza ao xogo realizado por uns e outros, nun partido no que os árbitros se alzaron como os grandes protagonistas deixando xogar aos cataláns fora do regulamento, o que deixou a liga practicamente decidida a falta de dúas xornadas.

Goleadores

[editar | editar a fonte]
  • Pablo Álvarez: 43 goles
  • Jordi Bargalló: 36
  • Josep Lamas: 24
  • Ricardo Barreiros: 21
  • Marc Gual: 18
  • Martín Payero: 11
  • Jesús Gende: 4
  • J.M. Grasas: 2

Copa do Rei

[editar | editar a fonte]
  • Pablo Álvarez: 3 goles
  • Jordi Bargalló: 2
  • Ricardo Barreiros: 1
  • Josep Lamas: 1

Copa CERS

[editar | editar a fonte]
  • Marc Gual: 11 goles
  • Josep Lamas: 9
  • Pablo Álvarez: 8
  • Jordi Bargalló: 5
  • Ricardo Barreiros: 5
  • Martín Payero: 3

Galardóns individuais

[editar | editar a fonte]
  • Marc Gual: elixido como mellor xogador da OK Liga.
  • Pablo Álvarez: pichichi da OK Liga xunto con Toni Pérez (CP Cerceda)
  • Marc Gual: premiado polo CSD coa medalla de bronce da "Real Órden del Mérito Deportivo " pola súa traxectoria xunto con Josep María Ordeig (FC Barcelona) e Marc Torra (CP Vic).
  • Pablo Álvarez: mellor xogador da OK Liga segundo Solohockey.net, ademais os tamén liceístas Jaume Llaverola, Marc Gual e Jordi Bargalló formaron parte do "Top 10", formando parte do mellor quinteto da Liga Pablo Álvarez e Marc Gual.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]