Cercio, Lalín
Cercio | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Cercio. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°45′13″N 8°07′30″O / 42.7535316, -8.1249386 |
Área | 3,9 km² |
Poboación | 246 hab. (2011) |
Densidade | 63,08 hab./km² |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Cercio é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 246 habitantes (126 mulleres e 120 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 285 habitantes.
Nesta parroquia fundouse a Banda de música de Mato.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Cercio conserva unha igrexa construída no ano 1700 e un cruceiro levantado en 1908. No chamado Coto das Covas consérvase a entrada dunha escavación subterránea, da que se di que os romanos extraeron ferro, estaño e volframio, aínda que semella máis unha simple cala de prospección.
Servizos
[editar | editar a fonte]Cercio conta cun colexio público, chamado CEIP Plurilingüe Varela Buxán.[2] As especialidades impartidas nel son: Música, Relixión, Educación Física, Inglés e Seccións bilingües.
Dito Colexio leva o nome de Varela Buxán en conmemoración ao escritor e director teatral galego Manuel Daniel Varela Buxán, nado en Lamas (A Estrada) o 2 de marzo de 1909 e finado en Cercio (Lalín) o 25 de setembro de 1986.
Na parroquia tamén se encontra unha Sociedade cooperativa, Cobideza.[3] Foi fundada no ano 1994, aínda que xa funcionaba como unha agrupación de gandeiros a finais dos anos 80. Na actualidade esta Sociedade conta con 250 socios (155 deles produtores de leite) dos seguintes concellos: Lalín, Agolada, Vila de Cruces e Silleda. Os servizos que se ofrecen son a comercialización de leite crúa, servizo de maquinaria, servizo de veterinarios, servizo agronómico, servizo de alimentación, servizo de substitución, servizo farmacéutico e tramitación de seguros agrogandeiros.
Cercio conta cun grupo de baile e música tradicional denominado A Carballeira de Cercio.[4] Creada en 1997 por Juan Morandeira e constituída actualmente por 30 compoñentes de diferentes idades que actúan en Festivais de folclore, tanto en Galicia como en diferentes provincias da Península.
Festas
[editar | editar a fonte]O 14 e o 15 de setembro celebra as súas festas patronais, en honor á Virxe dos Milagres.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Busto de Manuel Daniel Varela Buxán.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cercio
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Cercio no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
Cercio de Abaixo | Cercio de Arriba | Chares | Loucenzo | Mato | As Pallotas | Santa Baia | Xirón |
Parroquias de Lalín
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "CEIP Varela Buxán". www.edu.xunta.gal. Consultado o 8-5-2019.
- ↑ Sociedad Cooperativa de la Bisbarra del Deza
- ↑ "A Carballeira de Cercio". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2020. Consultado o 08 de maio de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cercio na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.