Moimenta, Lalín
Moimenta | |
---|---|
Igrexa de San Lourenzo de Moimenta. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°43′48″N 8°04′18″O / 42.7299336, -8.0715681 |
Área | 7,1 km² |
Poboación | 154 hab. (2011) |
Densidade | 21,69 hab./km² |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Lourenzo de Moimenta é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 154 habitantes (76 homes e 78 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 202 habitantes.
Nesta parroquia ten a súa sede a Banda Popular de Moimenta.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Na parroquia atopouse unha ara votiva da deusa Diana, que se garda no Museo de Pontevedra. Hai algunhas mámoas, restos dun posible castro coñecido polo castreliño, e tres sepulcros antropomorfos en roca, preto da igrexa.
Existiu un torreón medieval, a Torre da Valouta, e houbo unha importante fundición de ferro ata o século XVIII. A igrexa parroquial de San Lourenzo de Moimenta, de fachada barroca, ten dúas imaxes en pedra, labradas a primeiros do século XX por Xosé Vilariño.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fragmento superior da ara a Diana.
-
Cruceiro en Moimenta.
-
Cruceiro de ferro en Moimenta.
-
Muro lateral da igrexa de Moimenta.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Moimenta
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Moimenta no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
O Camiño Novo | O Carqueixal | As Lamas | Meixomín | Moimenta | A Torre |
Parroquias de Lalín
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Moimenta na web do concello de LalínArquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine.